venres, 1 de xullo de 2016

1ºA. DESPEDIDA

E así quedou a nosa clase... baleira e silenciosa.
Os recordos, os abrazos, os bicos, as historias, as risas, os raps, os debuxos, as miradas e todas as outras cousas boas e bonitas que aconteceron neste curso, metinas todas, todiñas, nun sobre que xa está conmigo para sempre. Moitas grazas por este gran curso. Encantada de que no meu primeiro ano de titora leve un sobre tan cheíño.
Unha aperta.  




Nun recuncho da clase están algunhas cousiñas que quedaron sen repartir. Agardarán polos nenos/as, alá por setembro, á súa volta.
Papis e mamis, disfrutade do verán e da súa compañía, dos seus xogos, da súa conversación, da súa enerxía, das súas historias...porque non o dubidedes, os nosos fillos e fillas, son o mellor que non pasou na vida, non olvidedes dicirllo sempre.


1ºA. ÚLTIMO DÍA DE CLASE











INTERCAMBIO CO CEIP BALAÍDOS

Aquí tendes algunhas fotos da segunda Caixa que nos veu do Ceip Balaídos. Tiñamos uns pareados para unir que eles mesmos fixeron cos seus nomes. Tentamos ver as rimas. Na oitra actividade tiñamos que saber lendo unas pistas, de que neno/a se trataba.