venres, 1 de xullo de 2016

1ºA. DESPEDIDA

E así quedou a nosa clase... baleira e silenciosa.
Os recordos, os abrazos, os bicos, as historias, as risas, os raps, os debuxos, as miradas e todas as outras cousas boas e bonitas que aconteceron neste curso, metinas todas, todiñas, nun sobre que xa está conmigo para sempre. Moitas grazas por este gran curso. Encantada de que no meu primeiro ano de titora leve un sobre tan cheíño.
Unha aperta.  




Nun recuncho da clase están algunhas cousiñas que quedaron sen repartir. Agardarán polos nenos/as, alá por setembro, á súa volta.
Papis e mamis, disfrutade do verán e da súa compañía, dos seus xogos, da súa conversación, da súa enerxía, das súas historias...porque non o dubidedes, os nosos fillos e fillas, son o mellor que non pasou na vida, non olvidedes dicirllo sempre.


2 comentarios:

  1. Na vida hai persoas que te marcan, xente máxica que un día acontece para agasallar o teu mundo cunha luz especial, chea de agarimo e ledicia. E Giovanna é unha delas, un prisma máxico onde os nenos se asomaron para descubrir un asombroso mundo onde o cotiá mudaba de forma, a aprendizaxe nun xogo, e os días do cole en aventuras fantásticas. Para nosa sorte, un fío desa maxia viña colgando hasta casa. Xamáis te esquenceremos, cada vez que leamos un conto, cada vez que unha caixa se transforme nun cohete, cada vez que escribamos cartas de amor, cando poñan na tele Grease, .... sempre, sempre, estarás ahí. MOTAS GRAZAS!. Brinca vai, Giovanna!

    ResponderEliminar
  2. Bueno xa me quedei sen palabras e chea de emoción! Soamente me queda dicir que aínda lembro o día que te coñecemos na primeira reunión de curso e descubrimos un mundo novo contigo cheo de ilusión, de forza, de cariño e de un sistema educativo totalmente diferente o que estamos acostumados. E tes que perdoarme porque dubidei cando dixeches "que se poden facer moitas cousas, que ti así o crees e loitas por elo". Grazas por darme tan grata lección. Deixáchesnos cheos de ilusión e esperanza porque as cousas poden ser mellores e se poden conseguir con persoas tan incribles e especiais como ti. Ata sempre Giovanna "Mariflor".

    ResponderEliminar