xoves, 23 de xuño de 2016

1ºB despedida

Remata un curso cheo de emocións, sentimentos, risas, aprendizaxes, experiencias....
Miguel, Yaiza, Fernando, Aarón, Iván, Ainhoa, Daniela, Claudia, Luis, Pablo, Sara, Samuel, Antía R, Tomás, Adrián, Amanda, Brais, Eloy, Luis Angel, Alex, Antía Sousa, Ricardo, Nico, Iovana, Paula e Uxía.
26 nomes que nunca esquecerei por tantos momentos que vivimos xuntos, moitas grazas a todos/as porque de todos/as me levo algo novo, algo que aprendín, e espero que vós tamén os levedes algo meu.
Pasou o ano voando, parece que foi onte cando chegabamos todos a clase de 1º do Antonio Palacios por primeira vez, lonxe queda ese día de timidez e nervios, agora todos/as eramos como unha gran familia que cada día vivia e aprendía algo novo, ou ao menos eso foi o que vos intentei trasmitir...
Por iso teño que darvos as grazas aos 26, por tantas e tantas cousas vividas!!!! E por suposto teño que dar as grazas as vosas familias, pola súa eterna colaboración, por estar sempre dispostos, pola súa gran axuda, por educarvos asi de ben, por  acollerme con tanto cariño neste ano que pasei en O Porriño e que non olvidarei xamais.
Por todo e máis, GRAZAS DE TODO CORAZÓN.
Laura.


1ºB ultimo dia


 Fixemos os últimos debuxos do curso, un bonito recordo que me levo para casa destes grandes artistas!!!
Continuamos coa merendola e sesión de música!


























mércores, 22 de xuño de 2016

1ºA.. DESAYUNO BUFFET

Cousas que nos molan moito:
- expremer laranxas e beber ese zume tan rico.
- facer tostadas e untar manteiga ou porlle queixo enriba e que se derrita un pouco.(o pan de molde voou)
- cortar ovos cocidos e papalos. (non nos chegaron!).
- os donuts e as magdalenas de chocolate.
- beber o leite con colacao/nesquik por palliña.
- todo o relacionado con comer xuntos.