sábado, 30 de abril de 2016

1ºB APRENDEMOS DOS ANIMAIS

Canto aprendimos esta semana grazas a todos vos!! Tivemos un montón de visitas, e cada unha contounos algo novo que non sabiamos!!
Coellos, tartarugas, peixes, unha codorniz, unha iguana, unha cadela con cachorros, canarios, diamantes mandarín, un gatiño, periquitos....
Que doado é aprender cando podemos ter estas super experiencias na clase!!!

venres, 29 de abril de 2016

1ºA. IMOS Á CASA DE AINOA

NAIS ACOMPAÑANTES NIVEL AVANZADO: VEÑEN EQUIPADAS CON CHALECO FLUORESCENTE!!!
O que eu digo! que teño unhas familias son de mellorciño! Grazas!!!






Primeira parada: o invernadoiro con tomates, leitugas, puerros, acelgas, fresas, pementos, guisantes..



Saudamos ao can. Ponse moi contento de tanta festa na casa.


Saudamos á toura, as ovellas e aos porcos.


Damos de comer a toura. Había algúns que lles tremía a man.

Damos un biberón a un año con moito apetito.




Entramos ao galiñeiro coma raposos e lle collemos os pitiños...pero llos devolvemos!




A egua que ao principio non se fiaba de nós decidui saír a saudarnos.



Dámonslles comida aos peixes.


E por se todo isto fora pouco tiñan preparada una merendola!!!!!!!!! Grazas!!! Nivel anfitrión experto!!!!!

Inda tivemos tempo de xogar no xardín.

Mateo encantado!






Grazas de verdad por acompañarnos nunha clase tan especial!!!!
Grazas aos avós de Ruth por tráela e poder disfrutar da súa compaña, agardamos se recupere axiña.
E grazas moi, moi especiais aos nosos anfitrións, a Verónica, a nai de Ainoa, e aos seus avós!!!

E agora a disfrutar desta marabillosa fin de semana!!!!!

Charla de Nerea e Xabi. Venres 29 de abril

Estamos aprendendo un montón de cousas dos animais, sobre todo dos cans, xa que levamos una cantas charlas, e cada vez dunha raza diferente. Xa preguntamos se lles cae o pelo, se lles gusta bañarse, se ladran...
Este venres foi o turno de Nerea que estivo acompñada pola súa nai que trouxo a súa cadela e os seus dous cachorriños. A cadela volvíase toliña coa pelota, foi co que máis disfrutamos! E coma non, cos coliños que lles damos!
















E Xabi estivo acompañado do seu avó que nos trouxo un can de caza ao que lle encantan os nenos porque non deixou de xogar e lamelos!! É aínda un cachorriño e é experto en ir tras os coellos. Xabo contounos que era moi listo e que non había forma de enganalo , inda que nos refregásemos un coello pola cara! Jaja! Xabi é xenial contando as cousas!