domingo, 15 de novembro de 2015

1ºA. SEMANA 9 - 13 NOVEMBRO

OLA FAMILIAS E PEQUES!!!!
EMPEZAMOS A SEMANA COA PATRULLA CANINA E REMATAMOS CO MAGOSTO!
 
David presentounos o seu experto na Patrulla Canina. Falounos de todas as personaxes, as súas razas, os seus vehículos e as súas características máis relevantes. Grazas ao papá de David por acompañalo no seu día especial.


A súa colección!!! 




 
Puxemos o nome das froitas ao traballo da semana pasada que quedara a fin de semana a secar.


 
 
Seguindo co tema dunha dieta sana fixemos un traballiño das verduras. Da lista pegamos as que nos gustaban, as que non, e as que non sabíamos porque non as probáramos nunca. As verduras non resultaron ser das nosas favoritas. Había moita cara triste!!!


 
Héctor leunos a súa adiviña na libreta viaxeira.


Sheila leunos a súa aportación á libreta do 1 ao 10.


 
Julia leunos o seu poema da libreta viaxeira. Un poema precioso adicado a súa irmán e que gustou moito aos compañeiros. Ademáis leuno xenial pero claro e que con esa gafas novas lese fenomenal!!! Todos os compañeiros lle dicían o guapa que estaba con elas!


Julia tamén quixo lernos un libro moi íntimo inventado por ela mesma cunha protagonista moi especial. Leunolo varias veces xa que nos gustou  moito. Fíxoo xenial. O libro unha chulada. Grazas familias por estas contribucións tan bonitas!








A adiviña de Breixo!


Os peques empezaron a preparar as súas cestiñas para o magosto. Primeiro forraron os tetrabricks con cinta de pintor para que a témpera non se levante.

Logo pintaron de cor plata. Deixaron secar para o día seguinte.


Isabela contou coa axuda da súa nai para contarnos o conto dos tres porquiños.  




Ainoa fíxo unha nova páxina na libreta viaxeira de palabras bonitas.

 
Engadimos as volvoretas como se foran as velas do noso barco surrealista. A finais de semana outra mestra comentoume que lle sonaba que ese cuadro non era de Dalí inda que llo atribuiran a él e en moitas webs lle dan a súa autoría. Así que, investigando, resultou ser que o autor real é un pintor ruso, Vladimir Kush, que inspirado en Dalí, sumouse ao movemento pictórico do surrealismo. Así pois, ahí queda, un erro da mestra que non investigou o suficiente!!!! Inda non llo contei aos peques, o venres tiñamos moitas cousas do magosto. Na próxima semana falaremos do tema.
 
AQUÍ tendes máis cuadros deste artista ruso e que son una chulada. Sempre se aprende algo novo! Un bo descubrimento!


Xa podemos decorar os cestiños do magosto.


Ruth trouxo un pen con fotos que nos quería ensinar. Contounos un montón de cousas interesantes e aos compañeiros gustoulles moito a súa presentación. Falounos cousiñas de varios museos que visitou e dos seus periquitos. 




Anxo veu acompañdo pola súa nai para o seu experto en bolas de neve. Recordade se queredes facelas na casa que tedes que ferver a auga e deixar secar un par de horas o pegamento extra forte que so poden usar os adultos!



Despois sorteámolas!


Taballamos cun poema sobre o outono.







Ainoa leunos o conto de Cenicienta. E mola máis se o les vestida de princesa.



 
E buscouse un príncipe para bailar.

Máis parellas quixeron bailar...




 
 
 
Xa coa vergoña pasada, xa lles apetecía a todos. Fixemos cambio de parellas varias veces!










 

 Édgar fíxo unha páxina nova na nosa libreta viaxeira do 1 ao 10.

 
E un novo nome para a nosa libreta: Karina.


Como lles gustou tanto a exposición de David leveilles unhas fotos para que fixeran un libro da Patrulla Canina.






Contamos e vimos o vídeo do conto das castaña que rebentou coa risa. Logo fixemos un libro con forma de castaña.






 
 


Grazas a Arón que trouxo a clase o cd de Paco Nogueiras que tanto nos gusta, cantamos e bailamos o rap do Magosto.






Aquí tendes o vídeo que fixeron noutra escola para que poidades cantala!


Sabela fixo unha nova páxina de palabras bonitas.

 E Nicole engadiu o seu nome á libreta de nomes.


Yanira foi a encargada de estrear a libreta de roupa.

E máis libretas! Que traballadores que están estes nenos e nenas! Nerea engadiu os seus números do 1 ao 10.

 
O venres, antes dos xogos, estivemos a estudar elementos do monte e do outono: cabazas, landras, noces, follas, bugallos, millo, castañas... Con eles e en grupo, fixemos mandalas. Despois cando xa nos decidimos como nos gustaba, botamos cola para o noso mandala definitivo. Tivemos que prestar atención á disposición espacial, aos círculos, a simetría, a alternancia de elementos cando non nos chegaban, e por suposto, ao aspecto, queríamos que quedara bonito.

 














 Por certo, que a algúns peques encantoulles debullar o millo. Xa sabedes!!!





Noutra entrada do blog poremos as fotos dos xogos do magosto que fixemos xuntos os nenos de 1º.XOGOS

Esta semana que vén traballaremos co conto do mago de Oz para preparar a saída do luns a ver o musical. Se tendes algún material que poida ser de interese e que queirades compartir connosco volo agradecemos.

2 comentarios:

  1. Muchas Gracias por toda la ayuda, a ti Giovanna porque sus miedos, se hayan quedado atrás y a sus compañeros, por hacérselo más llevadero y más fácil, así tener que usar gafas, no fue tan difícil, GRACIAS de corazón de parte de Julia y de su familia ;-)

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. anda, anda, que ata envexa tiñan algúns de non ter gafas!! ja ja!!! os compañeiros xeniales!!!

      Eliminar