sábado, 31 de outubro de 2015

1ºA. 26- 30 de Outubro

A  última semana de outubro estivo marcada pola celebración do Halloween, ou Samaín se o preferimos.
Hugo veu perfectamente ataviado para o seu día do conto, e como vos podedes imaxinar, a temática ía acorde a estas datas.

  Joni fixo a súa aportación á libreta de pegadas.

Sheila engadiu unha nova adiviña á nosa libreta. Aproveitou estas datas para facer unha adiviña moi apropiada para esta semana de Samaín.


Da libreta do 1 ao 10 encargouse Emma.

E xa temos un novo nome na nosa libreta de nomes:BREIXO.

E o primeiro experto da semana foi ÁLEX, que nos quixo ensinar o ben que se lle da a bici. A moitos deunos moitísimas ganas de coller a bici! E que andar en bici parece que nos encanta! A ver se mellora o tempo para disfrutar dela! Álex fíxonos trompos e acrobacias varias. Moi ben peque!








 

Álex tamén é experto en coidar de Nerea, a súa irmán. Bueno, bueno, a verdade é que ten moi boa man! E aos peques encantoulles ver a Alex con Nerea, ver como lle facía rir, lle cantaba, lle daba o bibe, e como xogaba con ela. A presenza dos máis pequenos na aula sempre fai encender a súa ternrura.





E ademáis, casualidades, ese mesmo día era o aniversario de Álex que trouxo unha tarta que debía estar boísima porque non quedou nin migalla e foron moitos os que repetiron anaco. A verdade é que case nunca queda nada, sonche de bo dente!



Fixemos traballiños do Samaín. Unha ficha para traballar a atención coma esta.
 

Fixemos tamén un libriño con vocabulario.





Traballamos o vocabulario de Samaín ao tempo que melloramos a nosa lectoescritura.

Parece ser que Yoel tan pronto recibiu a libreta de pegadas, púsoxe mans á obra. E é que para os que non o saibades, a Yoel encántanlles as actividades de debuxo, pintura e manualidades. Os nenos sempre lle alaban os seus debuxos.


E xa que estamos de cheo no Samaín...Breixo ensinounos e explicounos un traballiño que fixo na casa.

O noso compi Arón deixounos o CD de Paco Nogueiras que inclúe a canción que estivemos a preparar para o xoves de Samaín e que cantamos todos os nenos do Cole. Puxemos o cd varias veces ao tempo que traballábamos coas fichas do Samaín, e a verdade é que resultou moi ben. A moitos nenos lles gustou traballar con música.

Nesta semana tamén foi o turno do conto de Breixo, que atreveuse cun teatrillo. A verdade é que lle deu moitísima vergoña e non puido disfrutalo, iso sí, os peques pásarono pipa e partíanse de risa cos títeres descabezados.






Manolo xa está a piques de se converter nun clásico da libreta de pegadas. Isabela tamén o incluíu!

Fixemos unha casa encantada, na que os nenos puideron diseñar onde ía cada fiestra e cada personaxe, polo que cada casa era distinta.
 

Nesta semana tan ocupadísima que tivemos tamén foi o turno de Héctor de presentarnos o seu proxecto de "experto en". Héctor é experto en dinosaurios: sabe un montón de nomes rarísimos, o que come cada un, a súa fisionomía, como atacan e se defenden, o seu tamaño... A verdade é que sabe un montonazo de dinosaurios e nolo explicou moi ben. Deunos a impresión de que podería estar horas falando dos dinosaurios!!! Tiña un montón de datos na súa cabeza!
Tivemos unha rolda de preguntas ao final da súa presentación, e Héctor sempre tiña resposta para todas. Ademáis tiña un agasallo para todos, galletas de dinosaurios!










Mirade que trouxo Sabela para a nosa cesta de outuno! E así engadimos un novo froito, as avelás!

E máis traballiños de Samaín. Nesta ocasión tiñamos que ler as oracións e pegar aos personaxes no lugar indicado deste hotal enmeigado.
 
Algúns peques tiveron tempo de facer pócemas. Dinlles un listado de posibles ingredientes inda que podían por o que se lles ocorrera. Gustoulles elexir as cousas máis asquerosiñas que había no listado! Pis de rata, mocos de troll, ollos de serpe... cando a tiñan rematada saían a contarnos o que levaba a súa pócema e o que nos pasaría se nola tomáramos: facíamosnos invisibles, convertiamosnos en t-rex...
 
Algúns peques ata tiveron tempo de facer caras de cabazas! 

E a ficha que máis lles gustou! Seguindo a traballar cos seus nomes. Recortamos as fotos e pegámolas. Logo escribimos os nomes dos compañeiros e compañeiras.








Xa no xoves, Emma trouxo una cabaza de caramelos para compartir! Grazas! AQUÍ TENDES  ENLACE ÁS FOTOS CON TODOS OS DISFRACES.



Fomos sacar unha foto ao hall coas cabazas. AQUÍ tendes as fotos das cabazas e da entrega de premios.

Fixemos un obradoiro de cociña xunto con 1ºB e cos alumnos/as de 2º A e B no comedor. Nos eleximos facer as momias e xeringas de sangue!









E ironías da vida, a un dos nosos vampiros caeuselle un dente!!!!
 
AQUÍ tendes os videos de Halloween dos peques que espero lles fagan rir!!
 
Pois nada máis! Buff menuda semana!! Fixemos montóns de cousas chulis! Non me cansarei de darvos ás grazas ás familias polas vosas aportacións, colaboracións, traballo e dedicación. En todo o que vos propoño ahí estades cos vosos peques xa sexa nos proxectos dos expertos, dos contos, nas cabazas, nos disfraces... GRAZAS!!!